luz fandiho

 
A LUZ QUE NON ESMORECE
 
Seguimos partillando a súa enerxia e alento coma cando cantaba e vibraba no Festival de Pardiñas, á par dunha mocidade sempre incentivada pola súa dinámica liberadora a prol do noso pobo en diálogo con todas e todos os máis asoballados. Dende Asociación Xermolos, Luz Fandiño, despois do seu pasamento (28 de abril), segue a ser a guieira que nos marcou o camiño nos festivais, así co seu pregón e tamén participando naquel día na visualización do filme documental sobre a súa vida, coa súa poesía e os relatorios sobre a súa traxectoria na emigración e na loita polas liberdades. A súa veciñanza en Compostela foi un motor de actividade a prol de Galiza coma vivimos con ela en moitas iniciativas transformadoras e radicais a prol da igualdade e as liberdades e así seguímola sentindo coa mesma paixón no Festival de Pardiñas e no festival LUZ POÉTICA que ela abrollou.
 
Alfonso Blanco Torrado

   

 certame terra cha 2024

 

XLV CERTAME TERRA CHÁ

DE CREACIÓN INFANTIL E XUVENIL

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

diazcastro 1

 

SALVEMOS A CASA DE DÍAZ CASTRO

Ir o artigo