Benvid@ a web da Asociación Cultural Xermolos e do Festival de Pardiñas.
Podes consultar as diferentes seccións de contidos ou utilizar os servizos da web.
 
DO CORAZON DA TERRA





PRESENTACIÓN DO LIBRO



do_corazon_da_terra


O día 8 ás 20:00 horas na Aula Sociocultural da Fundación Caixa Galicia. Rua Médico Rodríguez nº 2 de A Coruña.

Coa participación de:
Miguel Anxo Fernan-Vello, Poeta, Editor.
Amparo Almarcha, Catedrática de Socioloxía da Universidade de A Coruña
Alfonso Blanco, editor
Luz Campello, autora do libro







Sabado día 13 de marzo, ás 18,30, na Casa Habanera de Guitiriz 

Coa participación de:
Marica Campo, escritora
Pastora Veres, traballadora social
Alfonso Blanco, editor
Luz Campello, autora do libro
 
Actuación musical de:
Roberto e Tania Campello Saa.


ORGANIZA: XERMOLOS



                                            Datos biográficos

luz_campello
   Luz Campello García (Guitiriz, Lugo), cursou estudos de Traballo Social na Universidade Complutense de Madrid e de Socioloxía na Universidade de A Coruña. Na actualidade vive en Culleredo e traballa no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.
 A súa escrita comeza na adolescencia, e xa nos inicios da súa xuventude, colabora na revista cultural da Asociación Xermolos de Guitiriz. A intensa actividade asistencial, docente e investigadora que veu desenvolvendo ao longo dos anos, no eido social e da saúde, mantívoa apartada da poesía durante moito tempo. É a partires do ano 2003 cando retoma a escrita, e no 2005 gaña o Certame de Poesía da Irmandade dos Centros Galegos de Euskadi co poemario Muller (inédito). Do corazón da terra é a súa primeira obra que sae a luz.
 Foi directora do programa de voluntariado da área sanitaria da Xunta de Galicia. Responsable voluntariado Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.
 É tamén autora ou coautora de moitos artigos sobre temática de traballo social e voluntariado.
 “Será aínda posíbel o regreso? Seremos de novo cativos no colo da terra? Prevalecerán os poderes dela fronte as forzas da destrución?” Con estas e outras perguntas se abre Do corazón da terra, segundo a prologuista, a poeta cullerdense Pilar Pallares.
 O libro está dividido en catro seccións: “A teta que me aleita”, “Dende o esófago das árbores”, “As catro aldeas de Vivaldi” e “Aboa, madriña María”.
 Nos poemas fálasenos da unidade entre o Eu e a natureza, a terra, a aldea. Suxeito e obxecto son formas femininas, coa capacidade de xeraren e alimentaren a vida.
 Recríanse as experiencias infantís, os labores agrarios e o decorrer das estacións. Pero, como di a prologuista. Recriación e non evocación. O que foi, volta a ser. A aldea/terra da infancia dise en presente na maior parte dos poemas. E non é enxergada desde a perspectiva adulta -distancia, separación, perda, saudade-, senón desde a ollada marabillada da nena. Ser humano e terra vibran xuntos en poemas propositadamente naif, lúdicos, vitalistas, cheos de dinamismo…
A voz poética gosta de enumerar as cousas humildes e concretas dese mundo inicial, deleitase no matérico. Case podemos ver, tocar, ulir... En Do corazón da terra a aldea/terra/Paraíso volta a ser presente e o ser humano recupera a unidade. E así ha ser, cada vez que a palabra cobre vida…





 

XXXI CERTAME "TERRA CHA"

caltelcorrexido2010











 
¡ ANÍMATE !



Blog PoetaDiazCastro


blog_poetadiazcastro








Sindicación

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet