Cursos e Concursos

Imprimir
Categoría: Que Facemos
Publicado en Martes, 10 Agosto 2004 Escrito por admin

cursos_concursosUnha das actividades que elaboramos con maior esforzo son os cursos e concursos que realizamos ó longo do ano. Música, danza,... son soamente algúns dos exemplos do que a asociación ofrece a todo o que se asome polas nosas instalacións e se informe dos nosos cursos.

Ofrecemos clases de gaita, temos unha coral, organizamos concursos de relatos, poesía, debuxo, etc ós que parece que os que máis se animan son os nenos. Pero non pensedes que todo o facemos para os máis pequenos de cada fogar, temos tamén concursos para os maiores.

Moita xente da nosa comunidade coñece xa os nosos concursos literarios. Dende Cee (A Coruña) ata Foz (Lugo) os nenos mándannos a través das súas escolas o que máis lles guste facer. Os debuxos son os máis interesantes, e para os que máis premios hai. Para non competir do mesmo xeito maiores con pequenos dividimos os debuxos, relatos e poesías por ciclos escolares. Así, temos tres ciclos, e os rapaces e rapazas compiten en igualdade de condicións.

 Asociación Cultural Xermolos

Rua do Concello nº 9  27300 Guitiriz (Lugo)

Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

 

Friday the 18th. Xermolos
Copyright 2012

©