Fundación Manuel María da Terra Cha

Imprimir
Categoría: Quen somos
Publicado en Martes, 30 Noviembre 1999 Escrito por admin

 Muiño do RañegoNaceu coa teima de dar a coñecer a obra do poeta Manuel María, "o poeta da Terra Chá", e servir de canle para a difusión da creación e cultura da nosa comarca. As primeiras publicacións foron obras para estudiar e desbrozar o camiño ós que queiran coñecer mellor ó noso autor.

Ademáis do amplo libro Manuel María publicado por Xermolos no que colaboran máis de 100 escritores, críticos literarios, artistas plásticos, fotógrafos, a Fundación publicou dous libros de investigación do mellor coñecedor da escrita de Manuel María, Camilo Gómez Torres, a Bibliografía de Manuel María e A Terra Chá na poesía de Manuel María.

Dous libros imprescindibles para introducirnos no universo deste poeta: edicións, traducións, poemas recitados ou musicados, etc.

A Fundación celebra mensualmente na súa sede, o MUIÑO DO RAÑEGO de Vilalba, cedido polo Concello de Vilalba, as súas actividades, alí está a organizar a Biblioteca da Terra Chá, unha escolla dos libros de autoras e autores chairegos.

Neste espacio teñen lugar os ENCONTROS NA TERRA CHÁ no mes de xuño e o CONGRESO CULTURA DA TERRA CHÁ no outono.

Xa con máis frecuencia, cada mes, as MUIÑADAS DO RAÑEGO tertulias ou sesións didácticas sobre temas vivos referidos á Terra Chá.

No relacionado coas publicacións vén de saír o primeiro número da colleita: As foulas do Rañego, o libro Ás catro áugas de Xoán Neira, con prólogo de Manuel María. Segundo vai ser un poemario de María Xosé Lamas con prólogo de Marica Campo.

 Asociación Cultural Xermolos

Rua do Concello nº 9  27300 Guitiriz (Lugo)

Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

 

Friday the 18th. Xermolos
Copyright 2012

©