O Pregoeiro
O PREGOEIRO do XXX Festival:
Manuel Caamaño
Suárez
A dinámica da Asociación Xermolos, deita a vontade de descubrir os tesouros que acubilla a súa traxectoria cotiá. Matinamos que a vida de cada día achega un océano fantástico de experiencias e emocións protagonizadas por persoas significativas, naquel momento e sempre…, que cómpre ir descubrindo e celebrando. Cando Xermolos celebrou os seus 15 anos primeiros, atopou en Manuel Caamaño Suárez, un espello no que mirarse e sentirse recoñecida nas súas teimas, loitas, inquedanzas… E así, participou naquela táboa redonda, no Hotel Mesón da Cabra, xunto con Pilar García Negro, Luís Alvarez Pousa, Xosé Chao Rego, Paz Lamela e Fernando Salgado, e escribiu no libro-memoria: o artigo “Unha tarea inacabada”, que logo reproduciría no seu libro: Un tempo e dun país.Por iso, nesta 30 edición do Festival de Pardiñas, un número tan redondo, volvemos a mergullarnos na mesma fonte de creación, para reafirmarnos nas mesmas teimas. E coma case nada pasa por azar, senón que as vidas entrecruzanse e engrandecense coa enerxía de compañeiras e compañeiros de camiño… Este investigador e activista cultural, volve a ser alento na nosa traxectoria cultural, mesmo cando queremos facer memoria, dunha persoa, asidua no Festival de Pardiñas…, que sempre que podía, estaba na primeira liña, apostando por esta iniciativa plural: Gustavo Santiago Valencia, que finou en agosto pasado. Case todas as edicións, temos que facer memoria de mulleres e homes, que xa nos aluman dende as estrelas.
O ano pasado foi un dos fundadores de Xermolos, Vito López-Felpeto, hoxe é Gustavo.Era o Presidente da Fundación Pedrón de Ouro, e agora quen desenvolve esta responsabilidade ateigada de xenerosidade e bonhomía, é Manuel Suárez, o noso pregoeiro, colaborador, dende hai anos, nesta institución. Outra raiz emocional, que ven dar seiva renovada a este certame.Manuel Caamaño Suárez define con imaxinación, o horizonte que arrequenta esta Asociación cada amencer. O seu traballo coma presidente da Asociación O Facho de A Coruña, un dos colectivos pioneiros neste xeito de facer país, avalao.No 1991 participou activamente na celebración dos 15 anos de Xermolos. Daquela, volveron atoparse na súa loita pola cultura. Era o mesmo ano no que coma presidente de O Facho, matinaba sobre as orixes da asociación (1963): "Cando hai agora 28 anos naceu a Agrupación Cultural O Facho, -escribía Caamaño-, só un escaso número de xente moza, non máis de vinte, apostaba daquela por unha vida medianamente longa da primeira sociedade cultural galeguista de posguerra en A Coruña e a segunda en Galicia".
Os mesmos cimentos e comezos que Xermolos.Pero tamén houbo outros encontros alentadores para Xermolos, o agasallo das súas investigacións, axudándonos a coñecer e disfrutar dos tesouros da nosa arquitectura popular e cultura, en xeral. E moito máis, atopámonos en mil frontes, facendo país, camiñando a par.Aparellador, naceu en Noia no 1936, tiitulándose como arquitecto técnico na Escola Politécnica de Barcelona. Traballou nas constructoras “Agromán” (1956-62) e “Dragados y Construcciones” (1963-98). Simultáneamente exerceu a docencia (1975-2000) na Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña, impartindo as asignaturas “Construccións tradicionais galegas” e “Restauración e reutilización de edificios”, á vez que dirixiu máis de douscentos proxectos de fin de carreira de 1987 a 2003. Foi vicesecretario do Centro Galego de Barcelona (1958-62), presidente da Agrupación Cultural “O Facho” da Coruña (1966-79), conselleiro das editoriais GALAXIA (1972-86) e SEPI (1969-75), promotor e presidente da Sociedade Cultural ESCOLA ABERTA (1978-86) e membro fundador de ADEGA en 1976, da Fundación Castelao en 1983 e das revistas “Teima” e “Tempos Novos”, en 1976 y 1997, respectivamente. Nos anos 1970 e 1980 colaborou asiduamente en La Voz de Galicia.Na actualidade, é o secretario da xunta rectora do Museo do Pobo Galego e do seu padroado, Presidente da Fundación Pedrón de Ouro e membro do Consello Social da Universidade da Coruña, designado polo Parlamento de GaliciaEn agosto de 1963, sumouse aos que querían crear un amncer cultural a través dunha asociación cultural: O Facho, que aínda é hoxe un paradigma exemplar entre os colcetivos culturais. Mesmo dende a clandestinidade, na ditadura, deron pulo á nosa identidade cultural, con consecuencias políticas e sociais, para ir crebando aquela longa noite de pedra.
Obras:
Publicou os seguintes traballos en libro, xunto con outros colectivos: Pro e contra da liturxia en galego. Historia dunha polémica, en colaboración con X.M. Rodríguez Pampín (SEPI, 1980), Sobre Galicia como responsabilidades (Edicións do Castro, 1988), “A casa-vivenda”, no tomo XXIII do Proxecto Galicia de Hércules Edicións (A Coruña, 1997), “A casa popular” e “As construccións adxectivas” (Cadernos do Museo do Pobo Galego, números 8 e 9, Santiago de Compostela, 1999) e As construccións da arquitectura popular. Patrimonio etnográfico de Galicia (Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos, Santiago de Compostela, 2003), obra galardonada cos premios de investigación XIX Premio “Antón Losada Diéguez” (abril 2004) e XXVII Premio da Crítica-Galicia (maio 2004). Galicia Construccións da Arquitectura Popular. Patrimonio Etnográfico de Galicia (Ed. Hércules 2006), “Dun tempo e dun país” (Ed. Laiovento 2006)
Artígos de revistas
Arquitectura popular ourensá, Raigame: revista de arte, cultura e tradicións populares, Nº. 27, 2007, pp. 20-23
Intervención como mantenedor no acto de entrega do pedrón de ouro e do pedrón de honra do ano 2005, A Trabe de ouro: publicación galega de pensamento crítico, Nº. 62, 2005, pp. 257-265
Xaquín Lorenzo, precursor dos estudos da arquitectura popular galega Boletín da Real Academia Galega, Nº. 365, 2004, pp. 9-36
Colaboracións en obras colectivas
O patrimonio das construcións populares galegas. Aulas no camiño : diálogos nun camiño da cultura europea / coord. por José Leira López-Vizoso, 2007, ISBN 84-9749-131-9, pags. 45-58
A casa popular [Santiago de Compostela : Museo do Pobo Galego, 1999.
As construccións adxetivas Santiago de Compostela : Museo do Pobo Galego, 1999.
Sobre Galicia como responsabilidade: (escritos e discursos, 1970-1986). Ediciós do Castro, 1988.
Pro e contra da Litúrxia en galego: historia dunha polémica. Manuel Caamaño Suárez, Xosé M. Rodríguez Pampín Pontevedra : SEPT, imp. 1980.



