Os Grupos

Imprimir
Categoría: Pardiñas 2009
Publicado en Viernes, 24 Julio 2009 Escrito por admin


                 BLOQUINHO DA SALGUEIRA


    O Bloquinho Da Salgueira nace no ano 2.006 en Vigo, dentro da Asociación de Percusionistas e Tamborileiros APERTA. Cunha formación entre nove e doce percusionistas tentan de facer ritmos. de Salvador de Bahia, Samba Reggae, Afrobahiano e Reggae
Con estes instrumentos :foto-bloquio
Repenique.-                     Roi (dirección musical )
Caixa.-                             Serxio
Timbaos.-                         Eski e Chino
Surdos de Marcación.-     Pabero e Suso
Surdos 3ª.-                      Marce e Javi
Surdo 2ª.-                        Marta e Clara
Surdo 1ª.-                        Pablo e Xurxo 

  
 O domingo do festival de Pardiñas van facer pasarúas, e un Obradoiro de Afrobahiano, no que tentarán cos asistentes de facer parte dos ritmos que tocaron

 anteriormente.
Un creador brasileiro, dixo, que todas as expresións culturais bahianas son moi abertas. Hai unha transformación intuitiva pola musicalidade da xente: “Por ser unha terra negra, temos un reggae que non é un reggae normal, senon unha samba reggae. Iso é o interesante: nada é copia. Somos froito dun ambiente musical creado por grandes sambistas, empezando por Dorival Caymmi” En Salvador-Bahía iniciouse o Carnaval de Rúa (Popular).
 



                    MUYAYOS DE RAIZ

                        muyayos_de_raiz
Fundado en Utrecht (Holanda) no 2005, onde residen actualmente, os Muyayos de Raíz, son o chamado "Produto da Terra", un cuarteto inédito con raíces no folk de distintas partes do noso continente. Utilizando os seus propios arranxos e composicións, exploran novas formas de interpretar a música tradicional (celta, vasca, galega...), dándolle un aire máis fresco, renovado e cheo de vida. Os seus compoñentes proveñen de distintas partes da xeografía: Euskadi, Madrid, Illas Baleares e Valencia). Na súa sonoridade salienta a compoñente clásica, membros da H.K.U. Orkest, da Eusko Gazte Orkesta e da Xove Orquestra Nacional de España, entre outras… Son tamén colaboradores da Amsterdam Symphony Orchestra, Orquestra Sinfónica de Navarra, Orquestra Sinfónica de Bilbao, Rotterdam Kamerorkest e da Orquestra Nacional de España.

 Muyayos de Raíz multiplicaron os concertos en Holanda, España, Portugal, coa maxia da súa enerxía, forza e felicidade, ingredientes básicos nas súas actuacións. Unha mestura de todo o folk europeo. O CD contén once temas que van dende o folk galego, vasco, etc, todo basado en amaños coa música zíngara, grazas á interpretación e virtuosismo de Iván García, Yosu Ramajo, Mario Siles e Ximo Clemente. Unha instrumentación típica: violín, contrabaixo, guitarra, voz e o xaphoon…
Son músicos de longa traxectoria. Josu Ramajo, aos 9 anos, deu o seu primeiro concerto de oboe no Centro Cultural Amaia. Tivo unha adolescencia, con altibaixos na súa afección polas partituras, pero grazas a Juan Mari Ruiz Alberca, o seu pai musical e profesor no Conservatorio de Irun, rematou o Grado Medio. Estudiou no Superior de Pamplona e de Granada, co solista Eduardo Martínez. No 2003, unha beca da Deputación Foral de Gipuzkoa levouno a Utrech, onde reside. Neste Conservatorio coñece a Ivan García, «un violinista, metade vasco e metade madrileño. Os dous querían facer cousas diferentes á música clásica. Tocaron con orquestras sinfónicas. Muyayos de raïz, é un grupo de inspiración folk, que explora novas formas de interpretar a música tradicional. O contrabaixista valenciano, Ximo Clemente, axuda solista da Orquestra Sinfónica de Castela e León e profesor do Conservatorio Superior de Salamanca e o guitarrista madrileño Mario Siles completan esta banda, que vén de grabar o seu primeiro disco. Un traballo fresco, alegre e vitalista, no que hai que salientar a alta formación clásica dos seus intérpretes moi novos.
 
A grabación do disco chegou, a petición do selo “El pescador de estrellas”, despois de que Muyayos gañara o premio en “Músicas Étnicas” da Fundación Canal.
No 2006, xa gañaran, o “Injuve”, o do Instituto da Xuventude. Firman un contrato coa productora de Paco Ortega, para grabar tres discos. Gravaron o primeiro no estudio, onde estiveron Paco de Lucía, Camarón, Estrella Morente, Bebo Valdés... Muyayos xa tiña moita experiencia, dende actuacións en casas de ocupas, ata a Embaixada de España na Haya. Ningún é canario, pero 'muyayos' sonáballes musical, e 'de raïz' puxérono polo material co que traballan, a música tradicional, aínda que pasada ao seu terreo: reggae, swing, rock... 

 


                     PAN DE CAPAZO

pan_de_capazo    Pan de Capazo conseguiu abraiar ao público tanto nas rúas e nas prazas, coma nos escenarios, trasladando de época e sentir a milleiros de persoas: concertos, feiras medievais, feiras romanas e renacentistas, animadas dun xeito intenso e auténtico, cunha incesante sucesión de instrumentos que fai case que imposible cualificalos. Incansables na busca do sorprendente, colaboran activamente con todos os artistas, para poder darlle unha personalidade única a cada acontecemento no que se require a súa presenza. Desta cooperación naceu unha estreita relación co mundo do teatro e do circo.
 
Teñen tamén unha particular visión da música e da vida. Isto dálle forma a un espectacular concerto, dinámico e rabioso, e á vez entrañable e sensible. Ninguén queda impasible, despois de velos brincar no escenario posuídos dun irrefreable frenesí musical. Tan singular traxectoria débese ao traballo de cinco músicos de rúa. Se a rúa, as romarías, os parques, as alboradas, os centros sociais, os colexios, as festas tradicionais e os festivais foron durante máis dunha década moito máis alegres, foi pola súa teima. Viaxaron a Hungría, Brasil, Romanía, Bretaña, aos Países Baixos, Noruega, Italia, Francia, Marrocos, Alemaña, etc. incrementando os rexistros e bebendo doutras fontes.
 
Integrado por:
Fernando Arranz: acordeón, gaita húngara (duda), tarota, whistle, gralla, kaval (frauta húngara de 5 furados), sacho, cornos e trompas. Héctor Cantos: caixa, gardón (corda percutida de Hungría), triángulo e botella de anis. Antón Cotos: gaitas galegas en Sol e Do, clarinete en MI b (requinto), albokas e voz.
Carlos Martínez: baixón, cencerros, pandeireta, zabumba e cacerolo.
Ramón Rodríguez: bouzouki, baixón, gaita en Do, vozarrón e zanfona.
Pan de Capazo formouse no inverno de 2002 como grupo de folk. As súas composicións teñen influencias da música medieval e dos ritmos casteláns, vascos, franceses e dos países da Europa do l´Este. Cun xeito orixinal de entender a música chea de forza e enerxía, e grande variedade de instrumentos. Pan de Capazo moveuse polos escenarios máis diversos en Portugal, España, Francia, Finlandia, Bélxica e Holanda, en concertos didácticos, música para teatro-circo, festas populares, teatro e artes da rúa e grandes festivais. Proceden de diferentes sitios: Santiago de Compostela, Vitoria, Zaragoza, Madrid.… A fusión das compañías “Pan de Capazo” e “A tres manos” nunha única formación para establecer unha agrupación máis completa, como se pode disfrutar con “Santa compaña”, as almas en pena, que protagonizan un rito de lume coa pretensión de eternizar os seus espíritos, todo aderezado con música tradicional, lume e pirotecnia, mentres que en “Mans arriba”, ofrecen diferentes sketches sobre cómo se organiza unha banda de ladróns. 





                          LÚA DE FOUCE

lua_de_fouce    A viaxe de Lúa de Fouce arranca no ano 2007 en Santiago de Compostela coa unión de catro músicos cunha ampla traxectoria na música tradicional, que empregan de punto de partida, para facer as súas propias composicións. Pese a súa curta traxectoria “Lúa de Fouce” participou en diferentes actos:
 Gañadores no “VII Festival da Terra e da Língua” de Narom. Participaron no Festival de Músicas da Terra de Ouzande. En Concertos da “Casa das Crechas”, da “Gentalha do Pichel”, no Lugo cultural, “Entre Lusco e Fusco”, no encontro cultural “Oenach Atlántico” de Narón, no Festival “Cabo da Vila” en Muxía, e no Festivalinho 2008, de Aldán….
 No 2008 gravan a súa carta de presentación: Paisaxes, unha maqueta composta de catro temas propios, onde se fala da liberdade, do camiño que cada un de nós escolle para conseguir a paz cun mesmo... “Lúa de Fouce” intégrano:

 -MARCOS VARELA (acordeóns e gaitas): Comeza a tocar a gaita con só nove anos, colaborando en varios grupos da zona de Santiago, tanto cuartetos, bandas de gaitas, grupos de baile tradicional e folk, e participando en diferentes concursos (con varios premios), festivais, gravacións e muitas viaxes… Aos dezaseis anos comeza a impartir clases de gaita en diferentes asociacións e escolas de música, labor que segue desempeñando na actualidade, e que compaxina con clases de acordeón. Ademais ten estudos de violín, e coñecementos de percusión tradicional.

CHEMA BARBADO (guitarra acústica): de Extremadura chega este músico versátil, que se move en varios estilos: música folklórica balcánica e do arco noratlántico, música klezmer e gipsy Jazz…, tamén domina a guitarra eléctrica en estilos como heavy metal e blues. Participou en muitas Jam Sessions de Jazz, blues e folk (Italia, Londres, Madrid, Palma...)... Recibiu clases de Jazz do mestre Mario Pulido en Cáceres, e do mestre Dani Sisto, no campo do folk, mais a súa formación é autodidacta. Formou parte de diferentes formacións como: “MARRAJO”, onde facían unha interpretación libre do rock español, perseguindo un sentimento terruñero... “EL 7 DE TRÉBOL”, que traballa no folk internacional, centrándose na investigación do arco noratlántico europeo, no folk balcánico e música Klezmer. En “ECHEOKEAY”: formado en Santiago en 2005. Grupo folk galego-irlandés, con algún tema do leste de Europa. En “GS21”, formación compostelá de música e danza que mestura folk tradicional con danza contemporánea, e temas de composición propia. Actualmente en funcionamento. Na actualidade compaxina o seu labor nos grupos co de mestre de guitarra a nivel particular e no centro sociocultural de Conxo, en Santiago.

JARA ORTIZ (voz e percusións): Comeza a súa andaina musical no ano 98, formando parte das cantareiras de "Ecos da Terra" (Caranza- Ferrol), unha agrupación de música tradicional. Sempre vinculada á música de raíz e con carácter autodidacta, colabora (2004) con Susana Seivane no disco "Mares de Tempo” Forma parte do grupo "Son+d2", onde se mestura a canción de autor con ritmos étnicos do mundo. Xa no 2008 grava con Xoán Curiel no disco "Nai". Na actualidade compaxina a dedicación a estas formacións musicais coa súa actividade didáctica; imparte clases de pandeireta e canto tradicional en asociacións culturais de Compostela, Noia...

ARANTZA ALFAIA (percusións): neta de gaiteiro, comeza na música tradicional, aos nove anos na Banda de Gaitas "Semileiro" de Castrelos, Vigo, onde recibe aulas de tamboril, da man de Manuel Alonso, e se forma como gaiteira de forma autodidacta. É fundadora de diversas agrupacións de carácter tradicional, onde destacan "Chiscadela", a murga "Azagaia" e o cuarteto tradicional "Loaira", co que acada o 4º e 3º premios no concurso de gaitas de Ponteareas nos anos 94 e 95 respectivamente, ademais do premio especial de percusión. Colabora con diversos gaiteiros de renome como Juanjo Fernández, Beatriz Riobó, Iván Costa, Óscar Ibáñez, Pablo Devigo... ao igual que con grupos como "Cantadeiras do Berbés", "Foula", "Corisco", "Armadanzas", "Xalgarete"...
 
Do ano 1999 ata o 2008, forma parte do grupo de música "Fiandola", co que grava o disco "Bricania" no 2005, e o disco "Chill out galego" no 2004, e percorre os festivais máis importantes da Galiza, e do norte. Dedícase ao ensino da percusión tradicional, dando aulas en asociacións e centros culturais: "Gentalha do Pichel" (2004-2007), "A Xuntanza" do barrio de San Pedro (na actualidade)... Ademais impartiu talleres de música tradicional na escola de Música "Play" de Santiago (2003-04).

LÚA DE FOUCE é unha mostra de cómo a música tradicional está a ferver con novas singraduras. Unha música fresca, nova, un 95% de autor, coa máxia da guitarra acústica, o acordeón, unha percusión prodixiosa, e unha voz feminina que fai bailar ata as pedras. 




           PEPE VAAMONDE GRUPO

introterra1
     Pepe Vaamonde Grupo (PVG) é unha formación folk pensada para o directo. A calidade, coma instrumentistas, de cada un dos compoñentes, xunto coa forza emocional das composicións, forman un cocktail que os converte nunha das bandas de folk máis interesantes do momento. Pero, ademáis, Pepe Vaamonde Grupo, é tamén capaz de realizar un traballo de estudio de gran calidade, como así o demostran os recoñecementos acadados nos medios especializados cos seus dous primeiros traballos discográficos. No seu terceiro traballo: Intro Terra, o grupo mestura os sons máis íntimos da música tradicional coas correntes máis vangardistas do Folk Europeo. INTRO TERRA, composto por once temas nos que a "terra" (as formas musicais tradicionais), manifesta a súa forza poderosa. Si o  primeiro disco estaba dedicado á auga, “Aviouga”, o segundo foi ao vento: “Onde nace o vento”. Este terceiro traballo discográfico está dedicado á terra. A terra está presente nas guitarras de Pipo e no baixo de Xesús. E mestúrase coas gaitas e frautas de Pepe e co acordeón de Nacho para crear "Intro Terra". Á diferenza dos anteriores traballos, Pepe Vaamonde Grupo decidiu saír de Galicia para preparar este novo proxecto nos estudios PKO de Madrid. Contou coa colaboración de artistas convidados , coma o cantante Javier Feijoo 'Chisco', o batería Carlos Bastón, as cantantes María Vidal, Iria Cobos e Ana Rosa Vidal; o trompetista Abraham Cupeiro e o gaiteiro Brais Monxardín."Se tivéramos que definir a Pepe, nunha soa palabra, esta sería, sen ningún tipo de dúbida, gaiteiro.
 Naceu en Visantoña, no 1971 "cunha gaita baixo o brazo", o que permitiu que, nos 90, fose o gaiteiro máis galardoado en concursos e certames de gaita de toda Galiza. Participou en moitos festivais, coma o 35 Festival Intercéltico de Lorient. Forman parte deste quinteto:
 Pepe Vaamonde (gaitas e frautas), Nacho Tobío (acordeón), Pipo Alvariño (guitarras), Xesús Vidal (baixo) e Andrés Vilán (percusionista)..



                   BANDA POTEMKING

banda_potemkin   Con eles chegou a revolución. Quizáis fose a causa do nome que leva á Rusia de 1917, ou quizáis polo feito de que a Banda Potemkin é iso, unha big-band explosiva nacida nun asteleiro de A Grela entre o recendo a gasolina e o rum rum dun xerador.

 Forxada nos asteleiros de A Grela, a partir de pezas provintes das máis diversas formacións musicais galegas (Papaqueixos, 3 Trebóns, Banda Melgacha, Meniños da rúa, Dandy Fever, Tiruleke, A Turma Angolo-galega, Miki Nervio & Bluesmakers entre outros), chega unha nova etapa en Banda Potemkin coa presentación dun primeiro traballo discográfico co que pretenden consolidar un lugar propio no panorama da música feita en Galicia.
 
 A proposta desta banda céntrase na variedade de ritmos balcánicos, afro-caribeños, funk, disco, rock e folque, co común denominador de facer música bailable, leda e divertida, que chegue a todo o mundo, sen importar razas, culturas nin etiquetas, e sen que isto estea rifado coa calidade musical. Por outra parte, as letras amosan unha frescura e retranca características no modo de tratar as realidades sociais e personais que estamos a vivir hoxe en día.
 
A Banda Potemkin, na súa odisea, vai espallando festa, humor, e ganas de pasalo ben, cun directo cheo de forza e calidade, fraguado tras anos de andadura musical polos escenarios de toda Galicia, Euskadi e Catalunya. Un directo no que se mesturan elementos de todo tipo, nun coctel único, froito da colaboración de todos e cada un dos artistas que forman a banda. 
  



                   HEDNINGARNA

hedningarna   
   Procedentes da rexión central de Dalarma (ao noroeste de Estocolmo), con instrumentos antiquísimos, construidos por eles mesmos, aplicados á electrónica, chegaron a ser recoñecidos mundialmente por ese son único de distorsión-tecno. Hedningarna é a agrupación sueca de maior éxito na actualidade no mundo, e un dos pilares na corrente musical que se denominou F.U.P. (en sueco “Folk Under Paverkan “ , que significa “baixo a influencia do folk “ ).
 
Tiveron dous premios GRAMMY.. Dende a súa fundación Hedningarna, extendeu os brazos e deu orixe a unha vaga totalmente innovadora e orixinal, integrada por novos afeccionados e seguidores do folk.
 Hedningarna (Os pagáns) é un grupo formado no 1987 por Björn Tollin, Hållbus Totte-Matsson e Anders Stake. Realizan unha música de corte tradicional, pero con fusións e influencias do techno, o rave e outras tendencias modernas. A filosofía do grupo é a de bucear nas raíces da música nórdica, para producir un son que non siga as tendencias actuais do folk máis tradicionalista. Por iso, Anders Stake dedicouse a construír e modificar instrumentos tradicionais, para desenvolver un son propio e único que, co tempo, vai ubicalos nos lugares máis destacados da nova música tradicional sueca.
 
O trío comprobou que, a pesares de ter formacións musicais heteroxéneas, compartían unha onda común fundamental. Decidiron formar un grupo “os pagáns”, pues se consideraban moi pouco fieis ás tendencias preponderantes na música tradicional. Eles querían remontarse moi atrás para atopar as raíces da antiga cultura nórdica. Anders Stake dedicouse a construir e inventar instrumentos novos para que así o grupo puidera producir eses sons que tan só podía escoitar coa imaxinación.

 No 1989, colleitou numerosos éxitos, debido ao seu son novedoso e revolucionario. Froito desta popularidade edita o seu primeiro disco Hedningarna no selo Alice. 1991 é o ano no que comeza a solidificarse coma grupo. O selo Silence, dedicado principalmente á música folk sueca, contrátaos para editar o seu segundo álbum no 1992, titulado Kaksi! (Dous, en finlandés). É cando entran en escea as cantantes finlandesas Sanna Kurki-Suonio e Tellu Paulasto, quenes confiren ao grupo, un son vocal axeitado para a súa proposta sonora. Ambas, educadas no canto tradicional da rexión rusa (antes finlandesa) de Karelia, desenvolven unha mestría sobranceira, á hora de cantar, aportando ao grupo ese vencello co ancestral que sempre buscaron. Moitas das cancións tradicionais proveñen de Karelia, e están relacionadas con antigas lendas finlandesas cuias trazas se remontan á tradición do Kalevala, o canto rúnico (do finlandés runo, "canto"). “Dous”, o título en lingua finlandesa do seu segundo traballo. Kaksi! supuxo un fito musical nese momento, dándose a coñecer a través dos medios, coma o chamado "fenómeno Hedningarna". Este traballo, con temas de ritmo trepidante, faráos merecedores dun Grammy sueco ao ano seguinte (1993), polo mellor disco folk do ano. Posteriormente, o quinteto vai peregrinando por diversos festivais coma o de Roskilde, colleitando un éxito arrollador.
 
O quinteto, foi un fito da música sueca. Todos os noticiarios fixéronse eco do extraño fenómeno Hedningarna, que impulsaba aos asistentes nas actuacións de folk a abalanzarse cara o escenario para bailar. As vendas do disco superaron os 35.000 exemplares.
 Setembro de 1994, significa a consagración na historia musical deste grupo, co seu novo traballo Trä (Madeira, en sueco; xogo de palabras con tre, que en sueco tamén quere dicir tres). Neste traballo consolídase dalgún xeito, aquel sono sonoro ancestral a través de 11 temas, algúns cantados en finlandés, outros en sueco, e un instrumental. A partires dese momento, comenzan as xiras por Escandinavia, e edítase en Estados Unidos un recopilatorio con temas dos dous discos do grupo coma quinteto. Comenzan a editarse e distribuirse noutros países de Europa, coma España, Holanda, Bélxica, Polonia e tamén en Asia (Tailandia).
 
1996 é un ano de cambios para o grupo. As dúas cantantes deciden seguir coa súa formación musical en Finlandia e con proxectos de maternidade que as van ter afastadas da actividade do grupo. Outra vez terceto, comenzan a xestar o que será o seu novo traballo Hippjokk. Dunha primeira motivación máis enraizada musicalmente, Hippjokk vai tomando forma e progresivamente vai incorporando elementos musicais moi variados, que vai facer que o resultado final sexa completamente distinto á primeira idea. Este traballo, eminentemente instrumental, incorpora (coma xa se fixo no anterior) a Wimme Saari, un polifacético cantante, que integra á perfección, os cantos tradicionais do pobo Sami, na Laponia finlandesa. Hippjokk tamén conta coa presenza do baixista Ulf Ivarsson, que queda fascinado pola nova sonoridade do grupo, e tamén o intérprete de didgeridú Johann Liljemark. Ambos formarán parte no seguinte traballo do grupo. Knut Reiersrud, célebre guitarrista noruego, tamén acude á chamada desta innovadora proposta durante o festival folk de Falun. No 1999, xa sexteto, Hedningarna publica o seu quinto traballo Karelia Visa, onde, novamente encontramos voces, pero esta vez cunha variación. Tellu Paulasto xa non forma parte do grupo, dando paso a Anita Lehtola, xunto á xa veterana Sana Kurki-Suonio. Ulv Ivarsson é membro oficial neste traballo. De factura algo máis contida, Karelia Visa é unha homenaxe a esa peculiar forma de cantar que existe en Karelia, da que Hedningarna, nutreuse no pasado. É tamén unha reivindicación da herencia cultural finlandesa sustituida pola presencia rusa naquela rexión dende hai xa bastantes anos.
 
No ano 2003 pubrican un CD recopilatorio con algunhas cancións novas, Hedningarna 1989-2003. Efectuan unha xira de promoción con dúas cantantes finesas: Tellu Paulasto, quen regresou á formación, e Lisa Matveinen.

hedningarna_3
Discografía:
• 1991 - Kaksi! (Silence)
• 1994 - Trä (Silence)
• 1994- Sasha mixes
• 1996 - Hippjokk (Silence)
• 1999 - Karelia Visa (Silence)
• 2003 - 1989-2003 (North Side)

A música sueca xa non é o mesmo dende Hedningarna. Sen sentimentalismo, os seus integrantes despen as súas raíces de tal xeito que o seu labor non desemboca necesariamente na antiga música nórdica, senon que ten fibras e raíces que a conectan coas guitarras de rock estridentes, os bucles repetitivos da música tecno, os sons celtas de Irlanda, toques orientais...
 
É a orixe do actual mundillo do tecno, a neopsicodelia e o rave. Hedningarna busca a onda más básica, un sonido primitivo, unha especie de matriz rítmica na que a polska e o tecno levan un mesmo destino. Os integrantes de Hedningarna neganse a quedar quietos no seu sitio. Avanzan cara as primeiras filas do público, guiando o seu baile máis alá dos graneiros rurais e das festas "rave", en dirección a algo que aínda non se escoitou. A palabra "hedning" (pagan) xa implica unha certa infidelidade. ¿Ou qué vos creíades?

O grupo sueco-finés pubrica "Hedningarna 1989-2003", recopilatorio que recolle en 18 temas unha mostra variada dos seus cinco discos, máis dous temas novos. Afondando na tradición con aportacións modernas e sons galácticos. A súa música é un compendio de líricas melodías, ritmos pesados, “misteriosas voces finlandesas”, e canto yoik (propio do pobo lapón), xunto cunha execución impecable das cordas: zanfonas, violíns clásicos e de Hardanger, viola, nyckelharpas, laúdes, mandora e tiorba.
 
Fan un ritmo da música tradicional sueca, e pola outra banda reciben influencias da India, etc. Anders acada un novo instrumento e un novo son, a partires dos instrumentos tradicionais. Por exemplo, si temos unha flauta, o que Anders fai, é alongala. Traballa cun violín de teclas ao que reforzou as cordas…Veñen inspirados polos instrumentos tradicionais, pero ó combinalos con outras técnicas novas os sons máis actuais convertense en novos instrumentos. 




            FANFARRE LA BELLE IMAGE

           A MELLOR Fanfarria DO MUNDO de Ritmos Latinos 
                                    (Orleáns – Francia) 
 
fanfare_2
   Doce músicos procedentes de diferentes orquestras armónicas do oeste de Orléans (Francia), xúntanse redor de repertorios ricos e descoñecidos, orixinarios de Bolivia, Perú, Ecuador, Colombia e México, para formar unha verdadeira banda, máquina de trance e de baile : “La Belle Image” e identificase por unhaa orquestación sutil.
 
Acidez aguda dos clarinetes e poder das trompetas Percusións diañadas aliadas á tuba, o baixo da banda. Apoio e calor dos trombóns entre melodías e células rítmicas.
 O repertorio mestizado (procedente de fontes indias, españolas e africanas), froito de festas e ceremonias anuais, trae unha enerxía instantánea e un entusiasmo moi comunicativo.
 
« Os efectos son inmediatos, os sorisos nacen, os corpos vibran, as pernas liberanse, as fronteiras rachan, a euforia é xeral».

 Formada por instrumentos de vento e percusións, a banda La Belle Image, desenvolve dende fai 10 anos, un traballo afondando nas músicas populares e tradicionais de América Latina. Músicas que se tocan dende Río Grande ata Tierra de Fuego, e compostas con músicas tradicionais daquí , como por exemplo os bailes de diaños.

Todas estas músicas son froito de amaños e composicións do grupo .Ao incorporar a danza ao espectáculo, ofrecen un novo elemento expresivo na música.
 
A agrupación La Belle Image inspirase nas bandas curtidas por espertar as rúas ao son dunha Morenada boliviana, dunha jarana mexicana ou dun Tan’olunga de Polinesia. Esta banda calexeira nacida en torno a Robert Santiago está integrada por un bo grupo de doce músicos, tan tolos e extravagantes coma o seu líder que, por rima de todo, miman, coidan e fan sonar con brillantez os seus instrumentos.No seu repertorio teñen cabida ritmos de toda Sudamérica, dende Chile ata México, incluidos os de Brasil, Colombia ou Bolivia.
 
Foi no 1996 que un puñado de apaixoados das musicas tradicionais de América Latina dccidiu crear La Belle Image. Ao longo destes anos 25 músicos profesionais de moito talento e formación, formaron a premeira (e que nos saibamos a única) fanfarria de ritmos latinos europea. O primeiro espectáculo foi «Un monde en fanfare». Gracias à diversidade de percorridos persoais destes músicos (jazz, clasica, variedades…), a marca de fabrica de « La Bell’Im », sentese polo espírito latino à europea diañada. A paixón de transmitir a Cultura Andina ao publico. La Belle Image actuaron en toda Francia. Pero en Europa, Québec, ata o Entroido de Oruruo en Bolivia. En cada unha das representacións, os músicos póñense a bailar, movidos polos rítmos das cumbias, porros, morenadas ou outras diañadas. E así nace a idea de crear un espectáculo coreográfico…, no que colaboran, Olivier GERMSER (coreógrafo da compañía Tango Sumo) e Aude GESTIN (costumista desta mesma compañía), así no espectáculo «Diabladas Corps Soufflants», no que demostraron a mestría dos seus instrumentos nas rúas no 2004, cando despois dun ano de traballo de creación, paralelamente, La Belle Image, editan o primeiro album, «Los Frenos No Funcionan». Interpretaron a Banda Orixinal do filme l’Incruste…
 
Despois, a Bell’Im non cesa de dar espectáculo, contaxiando o sorriso e a enerxía a todos os incondicionais. Despois dun éxito rebordante nas xiras por Francia, Navarra…, os saltimbanquis de Orleans sacan un DVD do espectáculo «Diabladas Corps Soufflants» no 2006. Máis de 8 000 albums vendidos, e 3 000 DVD, fáinos cruzar o Atlantico. Asi, La Belle Image foi o convidado de honor do Festival de bandas profesionais do Oruro (Bolivia), en 2007. Despois desta viaxe ateigada de experiencias, La Bell’Im rexistra o seu segundo album: «Locoto», no que podemos atopar fandangos, porros, e todas as outras musicas do Rio Grande à Tierra del Fuego. O seu novo espectáculo, «Son dos diaños », no 2008, vai seguir descubrindonos: La Belle Image

 Asociación Cultural Xermolos

Rua do Concello nº 9  27300 Guitiriz (Lugo)

Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

 

Friday the 18th. Xermolos
Copyright 2012

©