Asociación Cultural Xermolos

xermolos por x.quijadaXermolos é unha asociación que leva máis de vintecinco anos vinculada á cultura e á xuventude que a rodea. Para iso realiza numerosas actividades ó longo do ano como conferencias, cursos, xornadas, festivais...

Pero os nosos esforzos non van dirixidos soamente á xuventude. Os nosos brazos están abertos a todo o mundo. Queremos que todo o mundo nos coñeza e disfrute de todo o que lle poidamos ofrecer. Non nos queremos esquecer de ninguén, e para iso creamos actividades moi diferentes: festivais xuvenís, cursos, concursos infantís e xuvenís...

Sodes vós os que enchedes de ledicia e maxia o noso festival, os que nos fan seguir ano tras ano na nosa andadura polo mundo. Témosvos que dar as gracias a todos, pero tamén pedirvos axuda, que nos fai moita falta. Seguide como o estabades facendo. Se queredes podedes axudarnos nas nosas actividades: ¡Estarémosvos agardando!