SenderismoMaratóns, Carreiras e Xogos Populares: De seguro que algún día participastes nalgunha maratón, carreira ou xogo popular. Pois unha boa excusa é repetir a experiencia coas nosas actividades deportivas. Programadas en distintas datas cada ano, sempre atraen a gran número de xente ata a nosa vila. Os xogos populares sempre son seguidos máis de cerca pola xente nova, pero incluso hai xente xa bastante maduriña que se atreve a desafiar ós nosos rapaces.

Fútbol, Baloncesto e Comparsas: Bueno, ¡que sería dunha asociación que non celebrase partidos de fútbol! O noso interese é chamar a todo o mundo que queira. Facer xente máis activa, que se fuxa do sedentarismo e que mellor maneira de facelo que organizando partidos. Participamos moitas veces no Trofeo Liceo e, en balonceto, na Liga Provincial. Por outra parte as comparsas de Nadal e Entroido son divertidísimas. Gran despregue de xente, medios e ¡doces! que se reparten polas rúas de Parga e Guitiriz para animar unhas festas sempre agradables e felices. Non son épocas só para ser feliz, senón tamén para facer feliz ós demáis.

Sendeirismo: Deseñamos unha rota de sendeirismo chamada "A Rota das Lendas" dende Parga a Guitiriz, pasando pola Cova da Serpe e Miraz, por este motivo publicamos os Cadernos das Lendas e o trazado sinalado do patrimonio artístico, ecolóxico, etc. Estamos a deseñar outras rotas como "A Rota da Auga" entre Pardiñas e o pantano de San Xoán.