Presentación do libro


un_misionero_espaol_en_chile
"UN MISIONERO ESPAÑOL EN CHILE, miradas desde el Pueblo" 



    O domingo, 13 de setembro, ás 7,00, na Casa da Cultura de Begonte, a Asociación Xermolos de Guitiriz, presenta o libro de Jesús Rodríguez Iglesias, que naceu neste concello, e que dende 1965 traballa cos máis marxinados en Chile. A presentación contará co propio autor, que fara o mesmo en Santiago, Lugo, Ourense… O autor declara que é a experiencia de moitas mulleres e homes, aínda que a pluma púxoa el. Leva 43 anos de traballo en sectores populares de Santiago, asesor xuvenil e de traballadores-as, acompañou 40 años a reclusos de cárceles de Santiago, defensor dos DD.HH. Loitou contra a ditadura, e dedicouse a investigar o destino dos desaparecidos. O libro é unha testemuña das persoas que sufriron a ignominia e a morte en tempos de Pinochet. No primeiro capítulo, os seus anos en Galicia, denuncia as consecuencias arrepiantes da guerra e da ditadura de Franco.