- Reseñas e achegas biográficas
- Díaz Castro no Seminario de Mondoñedo
- Díaz Castro, traductor
- Palabras de Díaz Castro, no seu recital de poesía en Guitiríz e outros textos
- Comentarios e achegas ó seu libro Nimbos
- O enterro
- Relación de Díaz Castro con outros escritores
- Poemas dedicados a Díaz Castro
- Díaz Castro nas artes plásticas
- Banda deseñada da vida de Díaz Castro
 

       

4) Os primeiros cadernos.

Prepara o caderno Follas Verdes, cun subtítulo: “Cantares e romances de José M. Díaz Castro”.  Volta a páxina, nun lugar privilexiado, indícanos: “FOLLAS VERDES” e abaixo: “Romanceiro de Díaz Castro”. Mondoñedo 1934. Seguindo con estas páxinas de introdución advirte: “É propiedade. Dreitos d’edición, tradución e refundición reservados. O autor perseguirá polo vieiro da xusticia, diante os tribunás competentes, a todo o que meta a fouce nestes dreitos litearios”.

                                              

Díaz Castro na República segue a escribir sobre todo no noso idioma, os dous cadernos ben preparados e moitos dos poemas aparecidos agora nos medios. Son anos de fervenza cultural e social que se reflicte nunha ampla variedade de publicacións que están a abrollar en cidades e vilas galegas. Péchase no castelán naquelas composicións máis devocionais e relixiosas en consonancia co afastamento do galego da igrexa oficial. Xa na guerra e na posguerra o castelán dominaría a súa escrita.

 

Prepara un segundo caderno: FOLLAS Ô AIRE e inclúe versos de 1932 a 1935, outro dos libros “perdidos”.  Hai un cambio no estilo deste inédito, moito máis intimista e existencial con remilgos relixiosos e filosóficos, fronte á dimensión máis descritiva e costumista, ás veces demasiado realista, do caderno anterior Follas Verdes. Xa non escoitamos o ritmo da “Lyra enxebre”, son os laios dunha lira que “é unha sonora espada”.                           

 

Xa como alumno de Filosofía fai o imposíbel para adquirir xornais (chegaría a subscribirse a Le Croix  e a The Daily Telegraph ), revistas, libros de literaturas modernas: francés, inglés, alemán..., neste momento dominaba o primeiro, no que facía versos, traducía e falaba o segundo e xa coñecía a lingua de Goethe.

 

Tamén no Seminario estivo a xermolar a amizade cun mozo da cidade, Xosé Díaz Jácome (1910-1998), que duraría moitos anos, -algo máis vello ca el-, a comunicación non era doada, tiña que aproveitar algún claro nos paseos que facían os seminaristas os xoves e domingos, sobre todo no Cantón ou na Alameda dos Remedios, ás veces interrompidos polos vixiantes, xa menos por un berro ou unha proclama republicana dalgún obreiro, pero sería o Pallarego o enlace e carteiro entre os dous.

                                              

Vai ser El Progreso Villalbés o medio que recolla máis poemas de Díaz Castro –e os primeiros impresos en galego- nos seus anos de Seminario, feitos cando tiña 16 e 17 anos: "Pasionaria" (28-VI-31) e "Pensamiento", que foron poemas construídos na súa aldea, froito do engado que lle producían as criaturas máis febles da natureza, "Lembrazas e suspiros" (6-VIII-31), "Cantares de verano" (20-VIII-31), "El menhir solitario" (11-IX-31), ""¡Ábrele corazón...! (21-IX-31), "Baix'o calor..." (14-X-31), "Lá Vou, Amor..." (22-I-32), "Mientras duermen las cosas" (23-III-32), "Flor de idilio" (3-V-32),"As formigas" (28-VI-32) "Era un contiño de fadas"(8-VII-32), "Pensamiento" (VIII-32), ""Eternamente" ((3-XII-32), "Salutación" (12-IV-33), "Estancias líricas: meditación-dolor-inocencia". Aquí alterna poemas en galego e castelán e o mesmo podemos falar da temática: relixiosa, case toda, pero tamén paisaxística, íntima, costumista, etc.             

Xa estoupara a guerra incivil e Xosé, da quinta do 35, é destinado ao Corpo de Sanidade Militar na Coruña. No comezo da guerra do 36, pediu ir voluntario, exercendo de camillero e practicante, a un posto de socorro na fronte de Asturias, quería saber como era aquela situación extrema que se estaba a vivir, pero horrorizado só aguantou unha semana, os mesmos xefes convencérono de que podía ser moito máis útil pola súa formación e preparación como sanitario nun centro de saúde galego, e foi destinado á Clínica Militar do Gran Hospital de Pontevedra onde estaría dous anos e medio.

Nestes meses de conflito escríbelle unha “madriña de guerra”, unha moza de Urretxu, telefonista, que quere animar coas súas cartas a aqueles mozos machucados por tanta violencia. Era Teresita.

Rematada a guerra volve ao Seminario, só uns meses,

obrigado polo seu pai que quería que rematase

O poeta recibe os premios dos Xogos Florais de Betanzos no 1946, aos 32 anos.

 

a carreira eclesiástica. Pero definitivamente abandona.   

O seu amigo Iglesia Alvariño chámao para

dar clases no Colexio León XIII

de Vilagarcía de Arousa, onde ensina latín,

 inglés… E segue a estudar idiomas.