O XLI Festival de Pardiñas nun novo formato!!!
A Asociación Xermolos decidiu celebrar o XLI Festival de Pardiñas nun novo formato de acordo co seu título de Feira e Festa da Música e das Artes, tendo en conta as medidas de seguridade vixentes, convencidos da necesidade de manter viva a nosa cultura e música mesmo nos tempos máis arrriscados, desenvolverase nas fins de semana de agosto en distintas paisaxes do concello, nas que ao longo do ano manteñen actividades.
27 Mostra de Instrumentos de Música Tradicional
INFORMACION IMPORTANTE
Xa queda pouco para a 27 mostra de instrumentos de música tradicional que terá lugar o vindeiro sábado día 1 de agosto en Parga!!


Como sabedes esta será unha edición especial cun formato diferente, adaptado á situación que estamos vivindo, e con todas as medidas de seguridade esixidas por mor da Covid 19.
Xosé Marra ten participado en moitas exposicións na Casa das Artes de Pardiñas, en proxectos documentais, facendo memoria dos nosos poetas coma Manuel María e Díaz Castro, e tamén rexistrando no colectivo as luces e as sombras da cotidianeidade.