A Quenlla musica a Díaz Castro  en " Desorballando outonos "

desorballando outonos a quenlla

 

Quince poemas de Díaz Castro musicados son a proposta que fai o grupo A Quenlla en Desorballando Outonos. O novo disco da formación, que chega só 2 meses despois do seu último traballo, recupera uns versos do homenaxeado no Día das Letras Galegas 2014, que amosan ao autor en distintas situacións e distintos intres da súa vida, para poñerlles a harmonía recreada nos seus soños e nos nosos anceios, con voz sobre a sinfónica orquestración da Terra e no preciso poemario que máis o define, segundo explica a presentación do traballo. Gravado nos estudios do Concello de Arzúa, o proxecto presentouse ao público o pasado 18 de maio no marco da I Festa da Fala de Guitiriz.

Dos textos incluídos no disco, unicamente o poema Penélope fai parte do poemario Nimbos, único publicado por Díaz Castro, todos os demais foron seleccionados polos músicos de entre o resto da obra do autor. Deste xeito, pódense escoitar temas pouco coñecidos como Balada madrugueiraComa brasas ou Chove en Galicia.

 

 

 

 A Quenlla "Penélope"