02 o vilario

 ASOCIACIÓN CUTURAL XERMOLOS


"A raíz do último pleno do Concello de Guitiriz, Xermolos quere facer saber que sempre concebiu a restauración da Casa de Díaz Castro coma un elemento especial na recuperación da paisaxe da aldea do Vilariño, porque non se concibe a poesía deste autor sin estas raíces nin esta contorna, porén, está colaborando e celebrando a iniciativa do IES Díaz Castro de ser dende fai cinco anos guieiras e guieiros deste recanto, mostrando a súa arquitectura popular,  flora, fauna... A ducias de centros de ensino de toda Galiza. Non se pode explicar a súa obra sin coñecer a maxia do seu berce. Xermolos cando recibiu esta doazón proclamou que a ía devolver ó pobo coma xa fixo coa obra escrita e recordos que recibiu do autor. O seu coordinador dende o primeiro día que tivo entre mans a obra de D.C., compartiuna con investigadores, colexios, escritoras e escritores e co pobo en xeral, que disfrutan dela na Casa das Palabras. Xermolos só quere manter viva a creación que resume naquel verso que inmortalizou nas pertenzas do poeta "a beleza feriume para sempre". Galiza comprendeu esta intención de Xermolos correspondendo con varias achegas neste proceso de devolver ao pobo o seu patrimonio. Queremos que esta casa sexa da veciñanza e tamén unha iniciativa para demostrar que o noso rural ten futuro. Dende a orixe, acariciamos este proxecto como unha fonte de recursos para a Terra Chá e Galiza en xeral. Temos varios motivos para apostar por esta teima cultural cunha proxección etnográfica, económica, dun turismo sostible, da busca da igualdade social... Emporiso, dende a presentación do proxecto falamos da Casa da Xente coma un foro para o cooperativismo, produtos ecolóxicos, olimpiadas populares, memoria histórica, historia de Os Vilares e a Terra Chá, bioconstrucción,... E como unha sede para asociacións. No pregón da última Romería Labrega da Chaira o coordinador de Xermolos convidado pola mocidade vilarega apostou pola promoción do rural dende O Cancelo e O Vilariño, sendo fieis ao compromiso do poeta por esta cultura labrega."
Guitiriz, domingo 14 de outubro de 2018