Imprimir

Cartaz de Rosalía

 

 

   

 

O sábado, día 3 de novembro as 20:00

Na Escola Habanera de Guitiriz

Presentación do libro de Francisco Rodríguez Sánchez

ROSALÍA DE CATRO, EXTRANXEIRA NA SÚA TERRA

 

Organiza Asociación Cultural Xermolos en colaboración coa Asociación Cultural Rosalía de Castro de Barakaldo.

Presenta o acto: Xosé Lois González

 

O autor explicara o valor dunha obra literaria e dunha muller, Rosalía Castro, que transcenden o campo da literatura para ser sintomático da aspiración e do dereito á existencia do pobo galego e tamén dunha perspectiva da historia e do mundo

Breve biografía do autor

O profesor Francisco Rodríguez Sánchez naceu Serantes, Ferrol, A Coruña, o 22 de novembro de 1945. É un crítico político e literario galego que foi elixido para o Parlamento de Galicia en 1993 polo Bloque Nacionalista Galego, deputado e portavoz por esa organización no Congreso dos deputados desde 1996 até o 2008.

Actualmente é  membro  Consello Nacional BNG e secretario de formación do partido.

Doutor en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu como profesor de bacharelato de lingua española e literatura en Ferrol ata 1993. Entre os traballos de historia, critica literaria e sociolingüística cabe destacar A evolución ideolóxica de Manuel Curros Enríquez (1974), Conflito lingüístico e ideoloxía en Galiza (1976), e Eduardo Blanco Amor, o desacougo da nación negada (1994).

Ademais é o autor doutro libro, como Galicia, razón de ser, recompilación de artigos publicados en xornais de todo o período que abarca a VI Lexislatura do Congreso dos Deputados (1996-2000).

A súa obra literaria é a seguinte:

Ensaio:

A evolución ideolóxica de Manuel Curros Enríquez , 1972 Galaxia. 2a edición, 1995, A Nosa Terra.

Conflito lingüístico e ideoloxía en Galiza, 1976, Xistral, 2 ª edición 1999 Laiovento.

Análise sociolóxica da obra de Rosalía de Castro , 1988, AS-PG.

Eduardo Blanco Amor, o desacougo da nación negada, 1993, Edicións do CUMIO.

Galicia, razón de ser, 2000, Terra e Tempo.

Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria, 2011, AS-PG.

Conversas:

A nación Galega existe: Conversas con Francisco Rodríguez, con Xosé Mexuto, 2006, A Nosa Terra.

Obras colectivas:

Problemas nacionais e colonialismo. O caso galego, 1978. Xistral. Con Ramón López-Suevos.

Problema das linguas sen normalizar. Situación do Galego e alternativas, de 1980, ASPG / Xistral.

A nosa literatura: unha interpretación para hoxe. II, 1985, Xistral.

Literatura feminina e feminista da segunda metade do século XIX: antoloxía, 1996, ASPG/ A Nosa Terra. Edición con Pilar García Negro e Anxo Gómez Sánchez .

A paixón por transformar: 25 anos da UMG, 2003, Terra e Tempo.

Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.

Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nós anos 70 , 2009, Fundación Bautista  Alvarez.

Obra en Castelán:

Obras colectivas:

 La lengua en los Gallegos, 1976, Istmo, Madrid.