xose manuel carballo

Xose Manuel Carballo

Cura rural, escritor, ilusionista, humorista, animador cultural e social.

Data de Nacemento: En 1944

Lugar de Nacemento: Castro de Rei (Lugo)

ngresa no seminario da Diocese de Mondoñedo en 1954. Alí realiza os seus estudios sacerdotais e é ordenado sacerdote en Vilanova de Lourenzá, onde exercía como formador no seu Seminario en 1966. Posteriormente pasa como formador ó Seminario de Mondoñedo, despois de facer un curso en Madrid orientado a educadores de seminarios. En setembro de 1973 é nomeado, a petición propia, cura de Castro de Rei, Azúmara e Ramil, parroquias ás que se irían sumando Goberno, Balmonte e Santa Locaia. 

Como escritor, é autor teatral de O Menciñeiro á Forza, Bo Nadal, Recobrou o sorriso o Eleuterio, Auto de Nadal, Dous vellos e unha soa soidade en colaboración con Marica Campo, Vaise pechar outra casa máis en colaboración con Xulio Pita e Unha noite de Ruada con Samarita Canto. Ademais de escribir teatro dirixiu e dirixe varios grupos, substituíndo, se é preciso, a algún actor. En narrativa escribiu Parábolas Chairegas, Don Otto de viaxe pola Chaira, Celestino Racamonde e Contrato nulo. No campo relixioso, escribiu os textos e dirixiu os dous vídeos: Seguir a Xesús e Este é o meu Fillo. 

 

xose manuel carballo 2xose manuel carballo 3

 

 

 

 

 

 

 

 

 

xose manuel carballo 1