Imprimir

 

xulio xiz

Xulio Xiz Ramil

Categoría: Xornalista
Data de Nacemento: 17 de febreiro de 1947
Lugar de Nacemento: Vilalba (Lugo)

Licenciado en Ciencias da Información e mestre, Julio Giz é o director de Ophiusa e Galicia Dixital e funcionario da Consellería de Cultura. Traballou en Radio Popular de Lugo (1968-1985) e na delegación de El Ideal Gallego en Lugo (1968-1985). Dirixiu programas culturais na Radio Galega: “A Radio máis Nova”, “Galicia pobo a pobo” (publicouse un resumen no libro), “Amigos” e “Literatura viva”. Actualmente colabora en Radio Popular de Vilalba. De 1983 a 1989 foi xefe do Staff da presidencia do Concello de Lugo e director do Padroado Municipal de Cultura, organizando neste período máis de mil actos culturais. Xunto con Marcial González Vigo obtivo unha vintena de premios nacionais e internacionais de radio e televisión, entre eles o Premio Internacional de Radio do Bimilenario de Lugo, Nacional de Radio e TV “Ciudad de Salou”, Nacional de Radio “Lotería Nacional”, Nacional I.N.D.O., Nacional Rosalía de Castro, Nacional de Turismo “La Mancha” de Radio, Mundial de Radio-TV Mallorca 1980, etc...

Os guións dos premios “Bimilenario de Lugo”, “Ciudad de Salou” e “Rosalía de Castro” foron publicados respectivamente nos libros "El Dios de Roma que lloró por Lugo" (1979), "Salou, novia del mar" (1980) e "Medio cento de galegos e Rosalía" (1983). Ademais publicou varios libros da colección Everest: "Láncara, para vivir", "Monterroso en las tierras de Ulloa", "El Belén de Begonte", "Palas de Rei, regio palacio", "Los Ancares, fuerza vital", "Lugo"... e coordinou os libros "Os escritores lucenses arredor de Fole" e "Autores lucenses actuais". Tamén dirixiu “Praza Maior”, boletín do Concello de Lugo.

xulio xiz 1xulio xiz 2