alfoso blancoAlfonso Blanco Torrado

Alfonso Blanco Torrado, nado en Montevideo o 15 de marzo de 1950, é un sacerdote, ensaísta, mestre e dinamizador cultural galego residente en Guitiriz.

Estudou no Seminario de Santiago de Compostela e na Universidad Pontificia de Salamanca.

Mestre no IES Poeta Díaz Castro e párroco en Guitiriz, é fundador e coordinador da Asociación Cultural Xermolos e promotor do Festival Musical de Pardiñas.

Obra
Ensaio
A ascensión dun poeta, Xosé María Díaz Castro, Fundación Caixa Galicia, Lugo, 1995, 143 páx., ISBN 84-89231-17-6 (gañador do Premio Literario Ánxel Fole).
Obras colectivas
Xosé María Díaz Castro. Nimbos de luz, con Luís González Tosar e Armando Requeixo, 2014, Galaxia.

Recibiu os premios IAR de Folclore (1993) e Moncho Valcarce de Promoción da Terra (1996).

 

 

alfoso blanco 1alfoso blanco 2